180 xeitos de insultar en galego

O dicionario da Real Academia Galega define insulto como “Acto ou palabra que ofende gravemente” mais o certo é que moitas das palabras que mostramos a continuación non teñen porque ofender gravemente xa que son pequenas definicións de uso habitual no noso día a día.

A quen lle pode ofender que lle chamen miñoca, trouleira, melindreira ou babeco?

Moita xente seguramente coñeza estes cualificativos por programas de televisión como Pratos Combinados mais nin moito menos foron eles quen crearon esas palabras, simplemente mostraron a riqueza léxica do noso pobo e que loitamos na actualidade para dalos a coñecer e que non se perdan.

Os idiomas teñen mecanismos para crear diversidade de palabras e o galego cumpre esa característica, non só nos insultos senón en outros aspectos da vida e da sociedade.

Nas imaxes que compartimos a continuación van 180 xeitos de insultar, isto é unha pequena introdución xa que a riqueza é enorme polo que nos comprometemos desde xa a ampliar esta lista.

Deixamos as 3 infografías para que poidades descargar e difundir!

Publicidade

Publicidade

Publicidade

2 comentarios en “180 xeitos de insultar en galego”

  1. Rei Pedro era un señor que tiña Unha tara de desarrollo cognitivo na Illa de Arousa. Na illa quedou no coñecemento popular como insulto para a chamar tonto ou parvo.

    Era un señor que vivía en exclusión social e con algo sen diagnosticar. Deixade que quede o insulto illado e se perda e non o esparzades. que o Home non tiña culpa e non merece pasar a historia coma un insulto ademáis de pasar as penurias da pobreza

    Responder

Deixa un comentario

Más artículos sobre Curiosidades

Nomes para cans e gatos en Galiza

A presenza de cans e gatos nos fogares é unha realidade que xa ven de atrás, e aínda que en tempos antigos estaban presentes en case todas as casas, o seu papel e importancia mudou co paso das décadas. En pouco tempo pasaron de ser

12 ditos e refráns sobre animais

A continuación deixamos unha serie de ditos e refráns sobre animais, esta é unha pequena escolla e por suposto estamos abertos a que deixedes as vosas propostas nos comentarios.

10 palabras galegas que igual non coñecías

O certo é que a nosa lingua ten moitísimas palabras propias dalgunhas zonas e outras adaptadas doutros idiomas. Nestes meses fomos recollendo as vosas aportacións e elaboramos unha nova lista. Coñeces estas 10? Bótalle unha ollada!

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego