Quen somos?
Dunha idea pequena á comunidade en galego máis grande de todo internet.
Dise de xeito sinxelo, coma un resumo improvisado en poucos segundos dunha traxectoria de case 5 anos xerando contido, relacións e comunidade.
Primeiro fomos centos, logo fomos milleiros e agora somos decenas de milleiros que día a día falamos, conversamos, debatemos e nos divertimos a través dunhas redes sociais que nos achegan realidades moi separadas entre si.
As veces cun océano de por medio.
Orgullo Galego son todas e todos os galegos orgullosos do seu, da súa terra, da súa lingua, do seu pobo, da súa idiosincrasia e da súa historia ocultada e negada. Das paisaxes, da gastronomía privilexiada, e como somos e pensamos, das nosas tradicións e da nosa mitoloxía.
En resumo, do noso xeito de ver a vida.
Pero tamén somos actualidade, denuncia e reflexión. Altofalante para a difusión de centos de iniciativas sociais, socialización de diferentes inxustizas e espazo aberto e en galego para todas e todos.
Construír rede en galego
Unha das nosas maiores teimas de sempre foi facer este proxecto en galego. É un sinal de identidade inequívoca do que somos e queremos ser.
Queremos aportar o noso grao de area en construír unha rede na que podas ler, falar e escribir en galego. Queremos difundir todo o que é a nosa terra e o que crea o noso pobo na nosa lingua. Porque non sempre é posible facelo así.
Bótalle unha ollada a nosa rede máis veterana.
Aquí botamos uns contos e difundimos actualidade.
A rede social que máis crece agora mesmo.
YouTube
Series temáticas con milleiros de seareiras.
Twitch
Conversas en directo con persoeiros da terra.
TikTok
Tamén temos a nosa conta en TikTok, como non!
Telegram
Entra na canle e coñece o novo contido directamente!
Pero se está a demostrar que crear contido en galego, contar as nosas historias como as pensamos e transmitimos de xeración en xeración, non é algo limitante. Ben ao contrario, é un potencial inmenso que non estamos sendo quen de aproveitar.
Logo de miles de publicacións, somos máis de 300.000 persoas as que as seguimos. Unha auténtica pasada, estamos abrumados polo tamaño da comunidade.
Pero non é suficiente…
O por que do blog
Non queremos frear a posibilidade de seguir fornecendo á comunidade de máis ferramentas para o entretemento e o debate. Non queremos pór barreiras ao campo nin ao mar.
Neste blog trataremos os temas de xeito máis pausado e meticuloso pero sen perder a esencia que nos caracteriza e que tan ben coñecedes das nosas redes sociais.
E o máis importante, isto non será grande sen a túa axuda e compromiso. Porque ademáis, a familia creceu e neste blog somos 4 persoas traballando!
Podes axudarnos a continuar co proxecto. Bótalle unha ollada.