1.- Datos identificativos do responsable da páxina web
Este sitio é propiedade e está operado por Orgullo Galego S.L., titular do CIF: B04974747 e correo electrónico info@orgullogalego.gal.
A actividade profesional de Orgullo Galego S.L. son os servizos publicitarios e a venda de produtos online.
2.- Obxecto das condicións
As presentes condicións teñen por obxecto regular expresamente as condicións aplicables aos procesos de contratación de servizos ou compra de produtos ofrecidos por Orgullo Galego S.L. que poden levar a cabo os usuarios CLIENTE a través do sitio web ORGULLOGALEGO.GAL
3.- Interveñen
Os procesos de contratación ou compra a través do sitio web ORGULLOGALEGO.GAL serán realizados entre o CLIENTE e Orgullo Galego S.L.
Serán clientes todas aquelas persoas físicas que se rexistren no formulario de subscrición ou merquen a través da tenda online, enchendo os campos establecidos nos formularios.
- Formulario de subscrición: nome de usuario, contrasinal e email. A información de pago non se almacena en ningún caso na nosa páxina web.
- Formulario da compra da tenda online: nome, apelidos, dirección, provincia, cidade, estado, código postal e email. A información de pago non se almacena en ningún caso na nosa páxina web.
4.- Dereitos de exclusión
Orgullo Galego S.L. resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso a ORGULLOGALEGO.GAL e aos servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propias ou de terceiros, aos usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais.
5.- Procesos de contratación
Que ofrecemos na páxina web ORGULLOGALEGO.GAL:
- Servizo de subscrición: o cliente pode acceder a diferentes beneficios especificados na páxina https://orgullogalego.gal/subscricion/ mediante a contratación dun servizo de subscrición de pago mensual.
- Compra de produtos na tenda online: o cliente pode adquirir bens propiedade de Orgullo Galego mediante a Tenda Online https://orgullogalego.gal/tenda/.
6.- Compra e pago
Para realizar o pago do servizo de subscrición debes elixir un plan e automaticamente o sistema che pedirá que crees unha conta de usuario. Debes indicar un nome de usuario, un email e unha contrasinal. Ademáis, debes inserir os datos da túa tarxeta para realizar o pago. Se todo foi ben, deberías ter na tua caixa de entrada de correo, un email de confirmación e poderás entrar á zona privada.
O pago realízase mediante Stripe, Inc; que garante a total seguridade mediante o seu servidor seguro SSL. Nunca, en ningún caso, ORGULLOGALEGO.GAL nin Orgullo Galego S.L. reciben ou almacenan datos da túa tarxeta.
Para realizar a compra dun produto na nosa tenda online, debes seleccionar o produto dirixirte á páxina de Finalizar Compra. Debes indicar os datos obrigatorios: nome, apelidos, dirección, provincia, cidade, estado, código postal e email. Ademáis, debes inserir os datos da túa tarxeta para realizar o pago. Se todo foi ben, deberías ter na tua caixa de entrada de correo, un email de confirmación.
Do mesmo xeito, o pago realízase mediante Stripe, Inc; que garante a total seguridade mediante o seu servidor seguro SSL. Nunca, en ningún caso, ORGULLOGALEGO.GAL nin Orgullo Galego S.L. reciben ou almacenan datos da túa tarxeta.
7.- Envíos
Os produtos físicos envíanse todos os mércores mediante o envío de paquetería estándar de Correos.
8.- Cambios e devolucións do produto
Se decides mudar o teu produto por outra talla ou por outro produto, os gastos de envío correrán a cargo do cliente, o produto non pode estar usado e contarás cun prazo de 15 días naturais desde a recepción do pedido.
Para poder facer a devolución do produto por defecto ou dano asociado a Orgullo Galego existe un período de 15 días naturais desde a recepción do mesmo por parte do cliente. Neste caso os gastos de envío correrán a cargo nosa, pero o produto non pode estar usado e unha vez recibido, procederemos á devolución da compra
Para efectuar calquera cambio ou devolución contacta connosco en info@orgullogalego.gal indicando o teu nome e apelidos, número de pedido e os produtos a mudar. Ademais, se o produto está defectuoso precisamos que adxuntes imaxes dos danos e zonas defectuosas. Deste xeito axudarémosche a realizar o proceso de xeito satisfactorio