As fantásticas cifras da Selección Galega de fútbol. Un éxito mundialístico non permitido!

Publicidade

Hoxe queremos recordar de xeito breve que nalgúns intres históricos tivemos selección galega de fútbol. Porque do que agora só queda un lonxano recordo, fíxonos vibrar de xeito contundente en varias ocasións.

Moitas e moitos de vós, que seguides a nosa páxina nas redes sociais e que agora estades a ler estas pequenas pezas que estamos liberando antes da publicación oficial o 2 de decembro do noso blog, seguro que a recordades.

Selección Galega en 2016. Fonte: medios.

As etapas

Distinguimos até 3 etapas na andaina da Selección Galega.

A primeira comeza nos anos 20 coa disputa de varios partidos nunha competición organizada pola Federación Española, e outros amigables internacionais. Os primeiros partidos remóntanse aos anos 22 e 23, sendo subcampiona da Copa do Príncipe de Asturias. Xogou partidos amigables e oficias até o 30.

A segunda impulsada a instancias da Xunta entre 2005 e 2008, coa disputa de partidos amigables internacionais a nivel masculino e feminino enchendo estadios de primeira división.

A terceira sería unha iniciativa cívica e popular, Siareir@s Galeg@s, quen organizou diferentes amigables entre o 2009 e o 2015. En 2016 dispútase o último encontro impulsado pola Federación Galega de Fútbol.

No período contemporaneo destácase a boa calidade dos futbolistas que facían parte do combinado galego. Nel destacan xogadores como Diego López, Míchel Salgado, Fran, Nacho Novo, Alex Bergantiños, Hugo Mallo, Pedro Mosquera, Iago Aspas ou Lúcas Pérez e xogadoras como Vero Boquete ou Mari Paz Vilas entre outr@s.

Resultados da selección galega. Fonte: Wikipedia

Un seleccionador comprometido

Fernando Vázquez, coñecido adestrador galego cunha longa traxectoria, dirixiu a Selección Galega entre os anos 2005 e 2008. Alcumado “O Profe“, “Harry Potter” ou “O Mago de Castrofeito” sempre se amosou abertamente partidario de poder contar cun combinado propio e oficial.

Logrou 2 vitorias e 2 empates, man a man co arteixán Arsenio Iglesias.

A selección galega ten un valor estrutural en si mesma: demostrar que si valemos. Recibimos unha educación na que as nosas cousas son menospreciadas e consideradas de segundo nivel”.

Eu estou encantado que se rompa esa barreira que existía contra a selección. Gaña a sociedade galega e o fútbol galego porque temos unha selección dun nivel extraordinario. Eu estarei sempre do lado da selección e serei un seareiro máis”, declarou en 2016.

Publicidade

Publicidade

Xogadores e xogadoras poñen en valor a selección

“Para todo galego é un orgullo representar a Galicia vestindo esta camisola tan importante e significativa e a verdade que con moitas ganas”. – Sergio Álvarez

Apoio á Selección Galega porque creo que é importante para a identidade de todos os galegos ter unha representación deportiva. Tiven a sorte de representala contra Uruguay“. – Dani Mallo

É unha frustración para nós non xogar este nadal [o partido amigable de nadal]. Decisión contra as deportistas e as siareiras. Como mulleres e como galegas temos dereito a competir“. – Vero Boquete.

Último partido da Selección Galega en Riazor. Fonte: GzFoto.

E o futuro?

Volveremos ver a selección galega sobre o campo? Ti como viviches os últimos partidos?

Cal sería para ti o once na Eurocopa 2021? Participa!

Difunde este artigo, que todo o mundo coñeza a traxectoria da nosa selección!

?

Pode que che interese:

Publicidade

Publicidade

2 comentarios en “As fantásticas cifras da Selección Galega de fútbol. Un éxito mundialístico non permitido!”

Deixa un comentario

Ti fas que a rede en galego viva!

Ti podes contribuir a que este tipo de contidos e proxectos non desaparezan!

A túa axuda mantén esta páxina, a actualizar as redes sociais, as canles audiovisuais e a crear contido de calidade. Ademais, podes acceder a contido exclusivo para orgullosas e orgullosos do noso!