Sobre nós
Camiñando desde 2016
Poñendo en valor a lingua e cultura galegas en Internet
Orgullo Galego naceu en 2016 como unha comunidade dixital coa vontade de difundir e poñer en valor a cultura e a lingua galegas a través das redes sociais.
O proxecto xurdiu da man dun grupo de persoas apaixonadas pola identidade galega, que viron nas plataformas dixitais unha ferramenta poderosa para conectar á xente coa súa lingua e tradicións.
Grazas a este traballo en equipo, Orgullo Galego conseguiu converterse nunha das comunidades dixitais en galego máis seguidas e activas.

Os obxectivos de Orgullo Galego
- Promover o galego nas redes sociais. Queremos demostrar que o galego pode e debe estar presente en todas as plataformas dixitais.
- Divulgar a nosa cultura e historia. A través de publicacións sobre festas tradicionais, personaxes, lendas, gastronomía e patrimonio, achegamos á comunidade contidos que fortalecen a nosa identidade e nos conectan co pasado.
- Crear recursos para facilitar o uso do galego. Desenvolvemos materiais didácticos, infografías e guías que axudan a mellorar o coñecemento da nosa lingua e a súa aplicación no día a día.
- Formar e inspirar ás novas xeracións. Organizamos iniciativas para animar ás xeracións máis novas a expresarse en galego, demostrando que é unha lingua moderna, útil e con futuro.

Os nosos logros
Desde a súa creación, Orgullo Galego medrou ata converterse nunha das comunidades máis influentes no ámbito da difusión da lingua galega en Internet. Entre os fitos máis destacados do noso proxecto están:
- Máis de 500.000 seguidores nas redes sociais, facendo que o galego teña unha gran presenza dixital.
- A creación e difusión de centos de infografías educativas sobre lingua, cultura e natureza galega.
- A colaboración con entidades culturais e institucións para promover o uso do galego en diferentes ámbitos.
- O lanzamento dunha newsletter semanal onde ofrecemos contido exclusivo, reflexións e materiais de utilidade para os nosos subscritores.
- A nosa participación en campañas para visibilizar e normalizar o uso do galego na sociedade actual.