Charlas

En centros de ensino, institutos e asociacións

Charlas e obradoiros: espallando a nosa cultura e lingua

Cremos no poder da educación e na importancia de transmitir ás novas xeracións o valor da nosa lingua, cultura, historia e tradicións. 

Cada charla que impartimos é unha oportunidade para fortalecer a identidade cultural, crear conciencia sobre o noso patrimonio e fomentar o uso do galego en todos os ámbitos. Nestas charlas falamos das orixes e significado destas tradicións, como enfrontalas na actualidade e en definitiva a importancia de fortalecer a nosa cultura nun contexto de aculturación global.

Tamén achegamos a presenza do galego nun espazo tan importante como son as redes sociais, mostrando que o galego non limita, ao contrario, é unha oportunidade para chegar a millóns de persoas

Desde 2021 levamos impartidas máis de 400 charlas a máis de 10.000 alumnos. Aquí algúns dos temas que tratamos:

Se es docente, membro dunha asociación, parte dunha institución ou organizas eventos culturais e queres que levemos unha destas charlas ao teu centro ou entidade, ponte en contacto connosco!

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego