Coa chegada das competición internacionais de fútbol como poden ser a Eurocopa ou o Mundial, son moitas as persoas que reivindican a posibilidade de que a selección galega compita internacionalmente ao igual que sucede con seleccións como a do País de Gales ou Escocia que, aínda sendo parte do Reino Unido, compiten internacionalmente en todas as modalidades deportivas. Destacar que no fútbol gaélico xa temos selección galega oficial que compite no europeo e no mundial desde hai uns anos.
A denominada Irmandiña, naceu na temporada 1922/1923 coa disputa de varios partidos nunha competición organizada pola Federación Española, e outros amigables internacionais. Posteriormente xogou varios partidos na propia década dos 20 e comezos dos 30 mais non volvería a competir até o ano 2005.
Volvendo ao motivo deste artigo, en Orgullo Galego xunto coas propostas que nos fixéchedes, decidimos configurar unha convocatoria de 26 xogadores que representaran ao noso país en competicións internacionais. Esta lista mestura veteranía e xuventude, futuras promesas con persoas que son coñecidas polo súa calidade e bo oficio.
A continuación deixamos o 26 da selección galega:
- Porteiros : Diego López, Rubén Blanco e Ivan Villar
- Defensas : Hugo Mallo, Angeliño, Jonathan Castro, Roberto Suárez Pier, Raul García, Pablo Insua, Carlos Domínguez e Kevin Vázquez.
- Centrocampistas : Nico González, Rafinha, Thiago Alcántara, Denis Suárez, Lucas Vázquez, Pedro Mosquera, Brais Méndez, Alex Bergantiños, Iago Falque
- Dianteiros : Iago Aspas, Lucas Pérez, Santi Mina, Borja Iglesias, Joselu, Rodrigo,
- Adestrador: Yago Iglesias e Fernando Vázquez.
Por suposto somos conscientes que outros grandes xogadores quedaron fóra aínda destacando pola súa calidade polo que queremos aproveitar para pedirvos que deixedes nos comentarios outros nomes que merecerían estar no 26 da Irmandiña.
Cóntanos, cal sería o teu 11 inicial?
Ate onde poderíamos chegar con esta selección?
10 comentarios en “A convocatoria da Selección Galega para a Eurocopa 2021”
Falta un dos mellores porteiros,Juan Carlos Mariño Pereiro
Pero non xogaría a Eurocopa, non? 😛
Temos unha selección moi superior a moitas que están xogando a Eurocopa, o medio e a dianteira é ilusionante!
Temos unha selección incrible. Chegariamos a Cuartos polo menos 😀
Por todo o que ten loitado en público e en privado pola selección galega, o adesrador debe ser FERNANDO VÁZQUEZ.
É de xustiza nomealo, desde logo. Grande Vázquez!!
Eu creo que Diego Villares ten un sitio na selección,mellor xogador do Depor nesta tempada.
E un dos mellores xogadores galegos q temos a dia de hoxe.
Si, é unha gran opción e é un xogador de moito futuro. Grazas!
Como adestrador, por éxitos recentes, Diego Martínez, ainda que non sei que compromiso tería ca Irmandinha
Apuntamos, Marco, para as próximas actualizacións. Desde logo somos potencia!!