As 11 herbas que debes coñecer para elaborar o cacho de San Xoán

Un dos ritos máis populares da noite de San Xoán é o que xira arredor das herbas de San Xoán. A tradición di que debes saír nos días previos ou no propio día a apañar as herbas para elaborar o coñecido cacho de San Xoán.

Unha vez recollidas as herbas, é costume metelas nun recipiente cheo de auga, collida de 7 fontes diferentes, aínda que tamén serve dunha soa, para deixalas durante toda a noite ao aire libre, á luz da lúa e deixando que se empapen do orballo. Nas primeiras horas do día seguinte debes lavar a cara con elas e feito isto, quedarás protexido do mal de ollo durante todo o ano aínda que tamén axuda a curar enfermidades da pel e mesmo a rexuvenecela.

En canto ao cacho de San Xoán, moita xente adoita gardalo ate o ano seguinte para queimalo na cacharela.

Ademais, o cacho non está exento de cantigas, rimas e ditos populares.

Imaxe do cacho de San Xoán. Foto: Orgullo Galego

E que herbas usamos para elaborar o cacho de San Xoán?

Pois ben, dependendo da zona do país o seu uso pode variar, de feito están documentadas máis de 40 herbas distintas, aínda que todas teñen en común as propiedades curadoras. A continuación, na galería de imaxes deixamos algunhas das principais que apañamos nos montes da nosa zona pero tamén serven outras como a herba luísa, roseira brava, xesta, follas de sabugueiro, ruda, espadana, follas de nogueira, follas de visgo ou trobisco entre outras moitas.

Nós utilizamos artemisa, estalotes, fento, fiuncho, herbiña de San Xoán, Hortelá, Macela Brava, Malva, Milfollas, Romeu e Silva.

Por último compre destacar que a silva ou silveira debe colocarse por enriba para evitar que o demo cague nel.

Artemisa ou Herba da Nosa Señora

Estalotes ou croques

Fento

Fiuncho

Herba/Herbiña de San Xoán

Hortelá ou Mentrasto

Macela brava ou Gamarza

Malva

Milfollas ou Herba dos Carpinteiros

Romeu

Fonte: Wikipedia

Silva ou Silveira

Cóntanos, e ti que herbas usas para elaborar o teu cacho?

* Desde Orgullo Galego queremos agradecer a Gabriel P. Torrón e á Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello por axudar a coñecer e identificar as herbas de San Xoán que figuran nas imaxes e por dar a coñecer os ritos e tradicións de San Xoán.

Publicidade

Publicidade

Publicidade

9 comentarios en “As 11 herbas que debes coñecer para elaborar o cacho de San Xoán”

  1. Interesante reportaje acompañado de fotografias
    Hay infinidad de hierbas y cada persona o localidad le da un toque añadiendo otras hierbas o flores, yo añado pétalos de rosas, laurel y quizá alguna más dependiendo por donde haga el recorrido.
    Gracias y un cordial saludo

    Responder
  2. Ola!
    Eu son Maite. Bótolle, aparte dalgunhas que xa comentastes: malvarrosa, menta e (cando dou con ela) herba luisa.
    Gracias polas fotos e polos comentarios.
    Feliz San Xoán!!!

    Responder
  3. Nós este ano tivemos que facer algúns cambios nas herbas, por non poder atopalas todas na nosa zona (na comarca de l’Anoia, Barcelona). Así nós fixemos o noso ramiño con: Romeu, Malva, Achicoria, Herba de San Xoán, Lavanda, Xesta, Árnica, Xaquín, Mental, Papúa e Artemisa. Unha mestura de plantas medicinais que rexolectamos con mimo e ilusión.

    Responder

Deixa un comentario

Más artículos sobre Cultura, historia, tradicións e mitoloxía

A Santa Compaña, que non é santa pero si acompaña

Lidia Mariño, antropóloga Que é a Compaña? As descricións dadas polos informantes sobre a Compaña son moi variables, sendo quizais as que máis se repiten as das luces e as dunha comitiva de almas en pena. Sexa cal sexa o caso, vela supón un agoiro

Martiño de Dumio: a espiritualidade popular do Reino da Galiza

Desde Orgullo Galego lanzaremos este luns 20 de outubro o proxecto titulado “Martiño de Dumio: A espiritualidade popular no Reino da Galiza”, un proxecto que se desenvolverá até finais deste ano 2025 e no que levamos meses traballando Ao abeiro do certame “Fondo de proxectos

Día das Letras Galegas: as cantareiras e o cancioneiro popular galego

Nota: os materiais fotográficos e sonoros (referenciados ao pé) incluídos nestes traballos publícanse por cortesía do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego) no que se albergan os fondos Schubarth-Santamarina e da Agrupación Folclórica Aturuxo ao

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego