O galego: lingua proletaria do meu pobo

Publicidade

Tal día coma hoxe, no ano 1989, foille dedicado o Día das Letras Galegas a Celso Emilio Ferreiro, escritor, político e un dos máximos exponentes da poesía social no noso idioma.

A súa obra Longa Noite de Pedra foi escrita parcialmente na prisión do Mosteiro de Celanova -aínda que foi publicada no ano 1962-, onde foi recluido polo seu compromiso galeguista e combate da dictadura franquista.

Posiblemente esta sexa unha das principais obras da lírica galega de posguerra, e nel contén un poema chamado “Deitado fronte ao mar”, onde manifesta o seu compromiso activo co idioma galego e vincula coa fala das clases populares do país no seu coñecido “lingua proletaria do meu pobo”.

Cal é o teu poema preferido de Celso Emilio Ferreiro? Deixa o teu comentario!

DEITADO FRENTE AO MAR

Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño…

Longa Noite de Pedra (1962)
Difunde a Celso Emilio Ferreiro

Publicidade

Publicidade

Pode que che interese:

A Festa dos Maios

Na cultura galega, como en tantas outras, existen ritos e tradicións de exaltación de distintos ciclos do ano. Así, temos ritos coma os de defuntos, nadal e entroido ou o dos maios, unha exaltación do renacer da natureza.

12 lugares para visitar que están cargados de lendas e historias

No país temos infinidade de sitios para coñecer e descubrir cousas novas, lonxe das recomendacións das grandes revistas ou do que marca a moda que debemos visitar. Estes lugares, ademais de impresionantes están cargados de historia. Tamén somos dos que pensamos que para valorar e coidar un monumento é imprescindible coñecelo, saber que estamos visitando e cal é a historia que agocha.

Publicidade

Publicidade

Deixa un comentario

Ti fas que a rede en galego viva!

Ti podes contribuir a que este tipo de contidos e proxectos non desaparezan!

A túa axuda mantén esta páxina, a actualizar as redes sociais, as canles audiovisuais e a crear contido de calidade. Ademais, podes acceder a contido exclusivo para orgullosas e orgullosos do noso!