12 ditos e refráns sobre animais

A Real Academia Galega define a palabra refrán como “Frase curta de forma fixa coa que se expresa un pensamento popular baseado na experiencia, polo xeral con rima e de sentido figurado”.

O refraneiro galego é abondo e diverso, e ao longo dos séculos foi representando o día a día da vida das e dos galegos. O refraneiro é xa parte da nosa historia como pobo e neles en moitas ocasións podemos comprender o clima, o traballo no campo ou a visión que tiñan de certos animais.

Unha parte importantísima do refraneiro representa ao mundo rural, e isto ten todo o sentido do mundo xa que a sociedade galega foi amplamente rural até ben entrado o século XX. Con este continuo abandono do medio rural parte deste refraneiro foi perdendo o seu uso xa que no novo contexto de vida non teñen uso, se ben nalgúns casos sigann mantendo todo o sentido.

Se analizamos o refraneiro referido aos animais podemos ver como teñen ampla presenza os cans, as vacas, os gatos ou os burros, xa que son os animais cos que máis se relacionaban no mundo rural. En canto aos ditos e refráns sobre paxaros non só recollen o seu papel senón a chegada en certos períodos do ano e o renacer da natureza.

Tamén moi importante é o papel dos animais nas crenzas, e é que a mitoloxía, lendas e crenzas tamén están moi asociadas a animais coma o raposo, o corvo, a curuxa, a víbora, o moucho, etc.

Como indicamos anteriormente, no mundo urbano apenas vivimos en contacto co mundo animal polo que este proceso de abandono do rural fai tamén que perdamos este léxico tan rico.

Quizais, esta transformación da sociedade faga que no futuro teñamos outros ditos e refráns asociados a animais cos que convivimos algo máis no mundo urbano, sexan os cans, gatos, gaivotas, pardaos, etc. Sexa como for, consideramos moi importante conservar os que chegaron aos nosos días, xa que a perda do léxico e de expresións é parte dese deterioro da lingua galega que temos o labor de frear.

A continuación deixamos unha serie de ditos e refráns sobre animais, esta é unha pequena escolla e por suposto estamos abertos a que deixedes as vosas propostas nos comentarios.

Coñecías algún dos citados?

Publicidade

Publicidade

Publicidade

2 comentarios en “12 ditos e refráns sobre animais”

Deixa un comentario

Más artículos sobre Curiosidades

Nomes para cans e gatos en Galiza

A presenza de cans e gatos nos fogares é unha realidade que xa ven de atrás, e aínda que en tempos antigos estaban presentes en case todas as casas, o seu papel e importancia mudou co paso das décadas. En pouco tempo pasaron de ser

10 palabras galegas que igual non coñecías

O certo é que a nosa lingua ten moitísimas palabras propias dalgunhas zonas e outras adaptadas doutros idiomas. Nestes meses fomos recollendo as vosas aportacións e elaboramos unha nova lista. Coñeces estas 10? Bótalle unha ollada!

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego