A presenza de cans e gatos nos fogares é unha realidade que xa ven de atrás, e aínda que en tempos antigos estaban presentes en case todas as casas, o seu papel e importancia mudou co paso das décadas. En pouco tempo pasaron de ser parte do traballo do día a día (aínda que segue a ser hoxe, se ben é certo en moita menos importancia) nalgúns casos a formar parte do núcleo familiar, contar con documento de identificación, vacinas, chip identificativo e en definitiva, ser un membro máis da familia.
Temos un exemplo claro no caso galego, o can de palleiro. Este can pasou de ser un animal de traballo (que estivo a piques de desaparecer) a medrar en número de exemplares censados, e na actualidade existe un Club que aposta pola súa recuperación e ser un animal “de moda” nalgúns casos.
A presenza dos cans é tan grande que mesmo nalgúns concellos hai máis cans que cativos, e así se evidencia co negocio arredor dos mesmos: clínicas veterinarias, salóns de peiteado, adestradores caninos, negocios que permiten a entrada de cans, garderías ou mesmo spas. Como dixemos anteriormente, non podemos saber se hai 70 anos había máis cans que na actualidade xa que non había censos, pero o que si indica o Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía é que esta cifra non deixa de medrar, achegándose ao millón de cans censados e sendo os concellos rurais os que teñen maior porcentaxe de cans por habitante. Canto é polo aumento da súa adopción e compra e canto pola regularización nos chipeados? Iso saberémolo nos vindeiros anos.
No caso dos gatos é semellante, aínda que os datos indican que hai moitos menos gatos que cans, sendo as cifras pouco fiables. Moitos dos gatos non teñen chip e tamén en moitos lugares non hai control sobre as colonias felinas.
Indo ao que nos toca, neste artigo achegamos unha lista de nomes para cans e gatos, algúns clásicos, outros que foron chegando na actualidade. Até non hai tanto, o nome das mascotas era un xeito de rir do poder ou mesmo de identificación política e por suposto de reflexo da actualidade
Así tiñamos nomes como Azaña, Franco, Felipe, Neil, Soult, Troski, etc. No caso de Ney e Soult lévannos a comezos do século XIX, unha forma de rirse dos xenerais napoleónicos e de facer referencia á Guerra de Independencia contra os franceses que foron expulsados polos galegos
En Galiza os 5 nomes máis usados para cans na actualidade son Luna, Lúa, Perla, Kira e Chispa, un único nome en galego entre os 5 primeiros, se ben é certo as denominacións galegas van medrando tamén a pasos axigantados e é posible que nos vindeiros anos esta lista acabe por mudar.
A continuación deixamos unha lista de nomes para cans e gatos mais sentídevos libres de incluír máis propostas nos comentarios!
11 comentarios en “Nomes para cans e gatos en Galiza”
Os meus cans e gatos chámanse Xiada, Sacho e Toxo (xa está na lista)
A miña gata chámase Deva e o gato Kovu
Oh meu can chamase Pisco eh un caniche moi pillo eh cariñoso
O meu can, cando eu era neno, chamábase “Moisés”, por telo salvado de afogar no río.
Os meus cans chámanse Roi e Boni, e un terceiro en camiño chamado Chiste ❤️🥰 Saúdos e seguide facendo máis artigos! 👍❤️
Que ben poder ter estas láminas.
Nós temos 3 cans: Taxi, Linda e Meiga; e 3 gatos: Néboa, Cosmos e Estrela.
O meu gato chánase Grelo!! E ente de moi ben cando o chamo polo nome! 😍
O gato da miña aboa chamabase Tirracas
Mi perro, que no es de raza definida, se llama Ruffo
Yo me encontré un perro en Pontevedra y llovia y le pusimos CHOVE , somos de Madrid.