7 palabras galegas vinculadas ao mar adaptadas doutro idioma

O galego é un idioma cunha riqueza impresionante e segundo a zona podemos atopar diversas palabras para definir unha cousa. Por exemplo, un hórreo tamén pode ser un canastro, cabazo, celeiro, piorno, espigueiro, canizo ou cabeceiro por exemplo.

As 7 palabras que imos tocar neste artigo non están relacionadas cos traballos agrícolas, todo o contrario, son 7 palabras relacionadas co mar, de orixe no idioma inglés e adaptadas ao galego polos mariñeiros e polos emigrantes.

Bichicomas

Cachiman

Capetón e Antuerpe

Filispín

Queique

Ten Quirisio

Para unha segunda parte deixamos un artigo con palabras como guarisnais, chilindrín, chemicales, changüí, brus ou bruso.

Publicidade

Publicidade

Publicidade

17 comentarios en “7 palabras galegas vinculadas ao mar adaptadas doutro idioma”

  1. En Uruguay se usa la palabra “bichicome” para referise a las personas que viven en la calle y urgan la basura, en Argentina es más común “linyera” o “ciruja”. Perdón por el castellano, soy de Argentina. Cariños y feliz Día das Letras Galegas

    Responder
  2. Hai outra que despois de máis de dúas décadas de que a aprendera na descarga do atún en Ribeira, descubrín de casualidade hai tres ou catro anos que deriva dunha inglesa: ‘bighai’, unha soa palabra, pronunciado con gheada, provén das dúas palabras inglesas big eye, “ollo grande”, termo co cal se lle dá nome a un tipo de túnido que se descargaba daquela na Pobra e en Ribeira. Non sei agora.

    Responder
  3. O queique en Boiro faise normalmente co pan sobrante, isto é, o pan reseso, e case sempre se lle bota uvas pasas. Nun molde ou bandexa, de dous ou tres dedos de grosor, ao forno. Levei certa desilusión cando descubrín hai un par de anos que viña de cake, pois pensaba que era unha palabra súper galega-enxebre. Despois vinlle o lado positivo e pensei Que creativos somos!

    Responder
  4. No Grove ademáis de “Capetón” como indicades, hai unha palabra moi usada polos primeiros emigrantes do mar a Holanda. A palabra é “Talamaris” ou a súa derivada extrema “Calamaris”. Cando chegaban a Roterdam, á aventura, sen contrato, reuníanse na cantina dun local social de mariñeiros, onde soian acudir algúns patróns na procura de persoal. Este local social chámase “Stella Maris” e de aí o palabro.

    Responder
  5. Moi interesante! Algunha as coñecía, doutras, como cachimán, non sabía a súa orixe. A min contáronme que, na zona de Muxía, se dicía tamén “craiar” por chorar (do inglés “cry”): “neno, non craies!”

    Responder

Deixa un comentario

Más artículos sobre Cultura, historia, tradicións e mitoloxía

A Santa Compaña, que non é santa pero si acompaña

Lidia Mariño, antropóloga Que é a Compaña? As descricións dadas polos informantes sobre a Compaña son moi variables, sendo quizais as que máis se repiten as das luces e as dunha comitiva de almas en pena. Sexa cal sexa o caso, vela supón un agoiro

Martiño de Dumio: a espiritualidade popular do Reino da Galiza

Desde Orgullo Galego lanzaremos este luns 20 de outubro o proxecto titulado “Martiño de Dumio: A espiritualidade popular no Reino da Galiza”, un proxecto que se desenvolverá até finais deste ano 2025 e no que levamos meses traballando Ao abeiro do certame “Fondo de proxectos

Día das Letras Galegas: as cantareiras e o cancioneiro popular galego

Nota: os materiais fotográficos e sonoros (referenciados ao pé) incluídos nestes traballos publícanse por cortesía do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego) no que se albergan os fondos Schubarth-Santamarina e da Agrupación Folclórica Aturuxo ao

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego