VOTA: foi xusto intentar deixar fóra ás Tanxus? As redes estouran contra o xurado

A polémica está servida na primeira semifinal do Benidorm Fest a conta da decisión do xurado con respecto ás Tanxugueiras, as representantes que nos enchen de orgullo como galegas e galegos.

A súa resolución indignou a moitos espectadores e espectadoras, que non eran quen de comprender como podían deixar a Terra, a canción das Tanxugueiras, en penúltima posición. O enfado foi monumental en redes, mais tamén na propia gala, onde os presentes apuparon sonoramente a decisión.

Imaxe
Votación do xurado que deixaba fóra ás Tanxus provisionalmente. Fonte: TVE

Mais, como é que funciona isto?

A puntuación de cada artista defínea nun 50% un xurado profesional, un 25% unha selección de 350 persoas anónimas e, por último, un 25% de voto popular.

Mentres que o xurado profesional e a selección de persoas anónimas non considerou a actuación das Tanxugueiras merecedora de ser primeira, a votación popular consagrounas como as favoritas do pobo.

Imaxe da actuación das Tanxugueiras ante unha Estreleira. Imaxe de @raulgz81

Vota, ti tes a decisión!!

[ays_quiz id=’2′]

O enfado foi tendencia en redes sociais

Publicidade

Publicidade

Publicidade

4 comentarios en “VOTA: foi xusto intentar deixar fóra ás Tanxus? As redes estouran contra o xurado”

  1. Penso que a resposta do público no festival, e tanto os votos demascópicos como os votos populares, xa dixeron todo o que había que decir

    Responder
  2. Eu creo que non sabían ben pronunciado nome por iso non as votaron porque se ese e o criterio q teñen pra xuzgar os artistas agora entendo q fose o chiquilicuatre

    Responder

Deixa un comentario

Más artículos sobre Actualidade

Martiño de Dumio: a espiritualidade popular do Reino da Galiza

Desde Orgullo Galego lanzaremos este luns 20 de outubro o proxecto titulado “Martiño de Dumio: A espiritualidade popular no Reino da Galiza”, un proxecto que se desenvolverá até finais deste ano 2025 e no que levamos meses traballando Ao abeiro do certame “Fondo de proxectos

Día das Letras Galegas: as cantareiras e o cancioneiro popular galego

Nota: os materiais fotográficos e sonoros (referenciados ao pé) incluídos nestes traballos publícanse por cortesía do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego) no que se albergan os fondos Schubarth-Santamarina e da Agrupación Folclórica Aturuxo ao

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego