Dicionario de amuletos galegos. Obxectos de poder da cultura popular
25,00€
A presente obra, realizada dende unha perspectiva antropolóxica, ten por obxectivo inventariar e documentar a rica panoplia de amuletos, talismáns e obxectos de poder que, con fins apotropaicos, curativos ou favorecedores, foron, e son, usados na cultura popular galega. Ademais, esta escolma de obxectos fabulosos configura unha magnífica mostra do valioso patrimonio cultural inmaterial de Galicia e son, asemade, testemuño da cosmovisión do pobo galego.
Este dicionario tamén pretende dar conta da riqueza lingüística que rodea ao mundo das crenzas máxico-relixiosas, recollendo as diferentes variantes dialectais e termos empregados en Galicia para referirse a todos estes obxectos protectores e sandadores, así como ensalmos, oracións e esconxuros exemplos, tamén, do poder da palabra e da riqueza da lingua.
Dicionario de amuleto galegos é o resultado dun profundo traballo de investigación etnográfica, de campo e bibliográfica, que o antropólogo Rafael Quintía vén levando a cabo nas dúas últimas décadas no eido das crenzas máxico-relixiosas e da etnomedicina galegas e que agora ve a luz nesta obra formulada como eminentemente práctica, de consulta e divulgativa.
Ficha técnica:
- Título: Dicionario de amuletos galegos. Obxectos de poder da cultura popular
- Autor: Rafael Quintía
- Editorial: Ab Origine Edicións
- Impresión: Cor
- Tamaño: 23×16
- 286 páxinas
- Ano: 2024
- I.S.B.N.: 978-84-125410-7-6
Hai existencias
Envío a domicilio
Os produtos de Orgullo Galego envíanse á Unión Europea. Se non hai métodos de envío dispoñibles, escríbenos, por favor.
Envío rápido
Realizamos envíos todas as semanas. Leva número de seguemento (tracking) e deberías recibilo en 48-72h desde o envío.
Pago seguro
Paga coa túa tarxeta de crédito ou débito a través da nosa pasarela de pago seguro. Os teus datos están protexidos.



Reseñas
Aínda non hai valoracións.