Universos simbólicos

18,00

O presente libro supón un compendio de textos cuxa temática xira en torno a diferentes aspectos da cultura galega e, xa que logo, dos diferentes elementos constituíntes da nosa identidade como pobo. Nas páxinas deste libro o antropólogo Rafael Quintía achéganos a cuestións que teñen que ver coas ideas máxico-relixiosas da cultura galega; percorre, entre outros, aspectos da nosa mitoloxía, do simbolismo, das nosas crenzas máis íntimas, dos nosos medos, do papel da lingua nunha cultura, ou intenta responder, por exemplo, a cuestións tan tópicas como a de por que os galegos responden cunha pregunta, sen deixar atrás temas relacionados co noso entramado social. En definitiva, unha ampla e holística ollada a algunhas das moitas caras que presenta a cultura galega.

Ficha técnica:

  • Título: Universos simbólicos. Olladas ao redor da cultura e da identidade galega.
  • Autor: Rafael Quintía
  • Editorial: Ab Origine Edicións
  • Impresión: branco e negro
  • Tamaño: 23×16
  • 326 páxinas
  • Ano: 2017
  • I.S.B.N.: 978-84-947844-0-8

Hai existencias

Envío a domicilio

Os produtos de Orgullo Galego envíanse á Unión Europea. Se non hai métodos de envío dispoñibles, escríbenos, por favor.

Envío rápido

Realizamos envíos todas as semanas. Leva número de seguemento (tracking) e deberías recibilo en 48-72h desde o envío.

Pago seguro

Paga coa túa tarxeta de crédito ou débito a través da nosa pasarela de pago seguro. Os teus datos están protexidos.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Universos simbólicos”

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego