Descubre as listas de Spotify. Decenas de horas de música en galego

Cando naceu Orgullo Galego no ano 2016, un dos obxectivos que nos marcamos é dar a coñecer a música feita na nosa lingua, xa que entendíamos que había unha variedade enorme mais que non gozaba do apoio suficiente. Así, primeiramente creamos nesta páxina unha lista clasificada por estilos e que hoxe conta con máis de 500 bandas que teñen en común o uso do noso idioma.

Desde Orgullo Galego impulsamos estas listas de música de varios xéneros e en diversos idiomas do Estado Español para poder levar o galego a outros territorios e traer ao noso a música deles. Estas listas están en permanente ampliación!

Lista de Spotify de música variada en galego

O primeiro que fixemos foi lanzar esta lista variada de música que conta con máis de 500 cancións, máis de 24 horas ininterrompidas e que a día de hoxe está perto dos 5000 gústames. Desfrútaa!

Accede desde esta ligazón ou escóitaa directamente agora:

Panxoliñas de nadal en galego

No pasado mes de decembro elaboramos a segunda lista de música en galego, neste caso concreto centrada nas panxoliñas de nadal. Na actualidade conta con máis de 100 cancións e 508 gostos, e como na anterior, está en permanente ampliación.

Accede desde esta ligazón ou escóitaa directamente agora:

Música infantil no Spotify galego

Mais o traballo de Orgullo Galego non cesa e para este Día das Letras Galegas, apostamos por crear outra lista de música en galego, centrada nas crianzas ao entender que é imprescindible normalizar o galego nas idades máis novas.

Elaborando esta lista decatámonos que temos moito e moi bo contido musical infantil mais como é habitual, non existen os medios suficientes para que poidan chegar a todas as familias. Por iso facemos a nosa pequena aportación, máis de 100 cancións infantís que ampliaremos co paso do tempo.

Accede desde esta ligazón ou escóitaa directamente agora:

Mulleres na música galega

Despois da lista de música variada, de panxoliñas e sobre música infantil, en Orgullo Galego apostamos por unha cuarta lista centrada en música de mulleres, que temos moita e variada. Desde o noso pequeno recuncho queremos contribuír a visibilizar e dignificar a súa música e o seu traballo xa que segue sen valorarse suficientemente na actualidade. Un exemplo é que as bandas de mulleres seguen a ser minoría nos grandes festivais.

Accede desde esta ligazón ou escóitaa directamente agora:

Música folk e tradicional en galego

Compartimos convosco unha nova lista de música en galego no Spotify, desta volta de folk e tradicional, desde os máis clásicos até o tradicional máis actual.

Accede desde esta ligazón ou escóitaa directamente agora:

Música rap e trap en galego

Con esta lista de rap e trap en galego acadamos xa a sexta lista. Neste caso quixemos mostrar grupos clásicos da escena mais tamén todas as novas bandas que están a xurdir nestes últimos anos. Non podemos esquecer que o galego ten unha presenza importantísima en ambos estilos.

Accede desde esta ligazón ou escóitaa directamente agora:

Música ska, punk, Oi!, metal, hardcore, punk-rock… en galego

Con esta lista chegamos xa á séptima lista, en continuo crecemento!

Accede desde esta ligazón ou escóitaa directamente agora:

Música en galego, éuscaro, catalán, asturiano, aragonés…

Cantas destas cancións coñeces?

Accede desde esta ligazón ou escóitaa directamente agora:

Música fresca para o verán

Combinamos diversos estilos, temas recentes e máis antigos. Desfruta dela!

Accede desde esta ligazón ou escóitaa directamente agora:

Música portuguesa e galegoportuguesa

Nestas listas de Orgullo Galego non podíamos deixar de ter unha lista de música portuguesa e galegoportuguesa, son muitos os vínculos que nos unen, por iso decidimos abrila e achegar a música en galego do sur ás nosas seguidoras e seguidores

Accede desde esta ligazón ou escóitaa directamente agora:

Que outras listas che gustaría que fixéramos? Comenta!

Publicidade

Publicidade

Publicidade

29 comentarios en “Descubre as listas de Spotify. Decenas de horas de música en galego”

  1. Encántame ! Dinlle a seguir todas ! Sobretodo a de panxoliñas , o meu mozo catalán quería saber e eu non caia en ninguna ??‍♀️??‍♀️ .
    Non escoitei toa a lista de infantís pero molaban as cancións tipicas dos debuxos do xabaril club como Doraemon ou así, aparte das típicas do clube como a da lavadora ?? moitas grazas. Seguir que eu sigovos

    Responder
  2. Fáltame unha de música clásica galega: cantigas, música das catedrais, Manuscrito Guerra, Eugenia Österberger, Avelina Valadares…. e compositores e grupos e músicos clásicos actuais

    Responder
  3. a min faltame una lista exclusiva de música celta, ainda que sexa so instrumental ou bandas extranxeiras xa forma parte das nosas raíces e a nosa cultura.

    Responder
  4. Na música infantil, faltan os discos de Suso Vaamonde (“soños da gaiola” e seu mítico “Caracol”).

    E Mulleres na música galega: Maite Dono, Anubía, uns cantos Fia na Roca (e Sonia Lebedynski, en solitario), Susana Seivane…

    Responder
  5. Recomendo escoitar a C- Mirazo…..vades flipar….a sua ultima cancion saldrá o 23 de xuño.Chamase LUME, dedicada en xeral a noite de San Xoan.

    Responder
  6. Ola!!
    Vexo que estades co tema do Reino de Galiza e hai varios temas relacionados con música: cantigas de amigo, Calixtino, a materia artúrica… Podiades quitar unha play list ligada a estes temas, porque falar sobre música sen escoitala…

    Responder
  7. Ola, hai un grupo de rapaces e rapazas da costa da morte que saca de cando en cando algunhas cancións de tipo folk, con adaptacións actuais, paracetafolk.gz se chaman, teñen un par de temas subidos ao spotify, unha é a “mazurca de longueiron” típica desa zona e a que lle dan un enfoque distinto, e a última, “debaixo das cerdeiras” que pode gustar mais ou menos, pero ten unha calidade musical sublime.
    Non sei se é posible ou non, pero estaría xenial se puidesen engadirse esas cancións a lista de spotify que crea orgullogalego.
    Mil gracias.

    Responder

Deixa un comentario

Más artículos sobre Música

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego