Visitamos Vilanova dos infantes polo Nadal

Outro lugar que merece unha visita nestas vacacións de nadal é a histórica vila de Vilanova dos Infantes, localizada no Concello de Celanova. Todos os anos preparan unha decoración moi orixinal, repartida por toda a vila e completamente integrada nun espazo con tanta historia como é Vilanova.

Ademais hai un pequeno local aberto cun enorme belén feito por un veciño e que representa distintas escenas da actualidade do noso país e de todos os recunchos do mundo. A nosa recomendación é que veñades a primeira hora da tarde e poidades visitar a torre medieval e a arquitectura tan ben conservada do conxunto da vila. Se tiverades o día libre, podedes complementala cunha visita á sempre fermosa Celanova, de feito hai un tren que fai un percorrido tanto por Celanova como por Vilanova.

Un punto a favor é que Vilanova dos Infantes non ten tantos visitantes como Allariz ou mesmamente Vigo, da igual que sexa fin de semana, polo que é perfecta para desfrutar desta vila sen o agobio da xente.

Publicidade

Publicidade

Publicidade

1 comentario en “Visitamos Vilanova dos infantes polo Nadal”

  1. Falar a foto da corona enorme que está colgada na torre pola parte traseira que e tan bonita ou máis ca estrela fugaz todo Feito a man.Eu teñí foto preciosa se precisan. Un saúdo

    Responder

Deixa un comentario

Más artículos sobre Natureza e terra

O Colar de zonchos: Significado dunha tradición de Defuntos

Para comprender o significado do colar de zonchos – ou colar de castañas – debemos achegarnos á maneira en que as sociedades antigas entendían o mundo. Naquel tempo, a natureza era un piar fundamental da organización social da vida. O alimento, o clima, os ciclos

16 lugares imprescindibles para visitar no Courel

A Serra do Courel é un dos lugares máis importantes do noso país xa non só a nivel ambiental senón tamén etnográfico, lingüístico e patrimonial. Nesta zona comezaron os traballos de recuperación dunha das figuras mitolóxicas do nadal galego, o Apalpador, mais tamén destaca pola

Todo o que nunca che contaron sobre a noite máxica de San Xoán

Todo o que nunca che contaron sobre a noite máxica de San Xoán