Cultura, historia, tradicións e mitoloxía

Que vas atopar aqui?

As mellores lendas, tradicións, mitos e hitoria da nosa cultura.

A lenda da Cova da Becha na Serra do Galiñeiro

A Cova da Becha é o fogar da Becha (tamén coñecida como Coca), unha serpe mitolóxica xigante e vella que se dedicaba a chuchar no ubre (tamén coñecido como remollo) das vacas lactantes da zona, co obxectivo de privar aos xatos da súa alimentación. Coñece

7 palabras galegas vinculadas ao mar adaptadas doutro idioma

O galego é un idioma cunha riqueza impresionante e segundo a zona podemos atopar diversas palabras para definir unha cousa. Deixamos 7 palabras relacionadas co mar, de orixe no idioma inglés e adaptadas ao galego polos mariñeiros e polos emigrantes.

Por que o 1 de abril van os burros onde non deben ir?

En Galiza temos un dito moi popular que é o de que “o 1 de abril van os burros onde non deben ir” ou “vai o burro onde non debe ir” e emprégase cando unha persoa cae nunha piada. Estas frases chegaron a dicirse durante

Samaín, prepárate para o alén

Galiza recupera ritos e ponlles nome: Samaín, a súa relación cos mortos. En moitas vilas veciñas e veciños reaccionan diante da imposición católica e dos intentos de colonización culturais anglosaxóns revitalizando unha celebración pagá de comuñón cos devanceiros.

Vinte (e pico) embarcacións que fan de Galiza un país de seu

A décimo quinta edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais que se celebra en Moaña ficou suspendida pola situación sanitaria. Os barcos non poderán lucir no mar até que amaine o temporal da Covid. Este é un breve resumo da riqueza da cultura mariñeira que se

Galiza e Arxentina, dous pobos unidos pola historia

Galiza e Arxentina son dous pobos unidos pola historia. En concreto, pola emigración que levou a milleiros de galegas e galegos a buscar a vida neste país. Esta presenza masiva fixo que alí tiveran lugar algúns dos fitos máis importantes da nosa historia no século

Cincuenta cantigas e rimas para o san Xoán

Versos clásicos dunha noite que é unha arela de comuñón coa terra e unha promesa de felicidade. Unha festa que é, ante todo, un fito que ordena o tempo. Aquí tes cincuenta cantigas e rimas para o san Xoán.

O galego: lingua proletaria do meu pobo

No 1989 foille dedicado o Día das Letras Galegas a Celso Emilio Ferreiro. Escritor, político e un dos máximos exponentes da poesía social no noso idioma. Coñece o seu fantástico poema “Deitado Frente ao Mar”. Cal é o teu preferido?

Taller paleolítico a carón do Miño

Os arqueólogos analizan o significado dun achado no xacemento de Porto Maior, a pegada máis antiga de presenza humana na Galiza, datado hai 3.000 séculos.

Samaín, Defuntos, Halloween e outras tradicións

Na Galiza o termo Samaín é un préstamo do gaélico-irlandés para unificar as diferentes denominacións existentes arredor deste festexo tradicional como pode ser Noite dos Calacús, Noite dos Mortos, Noite Meiga, Noite das Ánimas ou incluso Magosto.

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego