¡Oferta!

Suadoiro Denantes mortas que escravas

O prezo orixinal era: 39,95€.O prezo actual é: 34,95€.

Suadoiro da serea de Castelao. Denantes mortas que escravas. Imaxe diante e atrás. Unisex.

Características do suadoiro, material: 50% algodón / 50% poliéster, felpa perchada, 280 g/m².

Recomendamos lavar nun programa delicado ou normal suave, con auga fría ou a unha temperatura máxima de 30ºC para evitar que encolla ou estrague o estampado. Evitar secadoras.

Nota: para a guía de tallas medir a camisola sobre unha mesa.

Importante, é unha prevenda que remata o mércores 19 de novembro ás 23h59. Poderás comprala a posteriori se fican tallas, mais senón queres quedar sen a túa, cóllea xa!

Ao ser unha prevenda os suadoiros encargaranse ao remate desta. Isto significa que desde ese día estamparanse, empaquetaranse e enviaranse. A previsión é que se envíen o luns 15 de decembro, a tempo para o nadal. Á hora de escoller envío: o estandar garante a entrega de 3-5 días e o Premium garante a entrega en 48 horas. Ambos teñen código de seguemento (tracking).

Se mercas algún produto máis da tenda, será enviado tamén o 15 de decembro. Se o precisas antes, fai un pedido diferente.

Envío a domicilio

Os produtos de Orgullo Galego envíanse á Unión Europea. Se non hai métodos de envío dispoñibles, escríbenos, por favor.

Envío rápido

Realizamos envíos todas as semanas. Leva número de seguemento (tracking) e deberías recibilo en 48-72h desde o envío.

Pago seguro

Paga coa túa tarxeta de crédito ou débito a través da nosa pasarela de pago seguro. Os teus datos están protexidos.

12 valoracións en Suadoiro Denantes mortas que escravas

  1. 5 out of 5

    Silvia Rúa

    Está guapo. Pero, por máis dunha non ai desconto

  2. 5 out of 5

    Lucía

    Ten bo tacto, o deseño é moi bonito e o acabado do suadoiro é bo!

  3. 5 out of 5

    Rebeca

    Chegou en tempo en forma tal como se dixo. É quentiña, a talla é a adecuada, boa calidade e, o máis importante, é fermosísima.
    Moi contenta có pedido. Graciñas sempre.
    Marabilloso traballo Orgullo Galego.

  4. 5 out of 5

    XOAN CARLOS FERNANDEZ PEREIRA

    Guapísima. Non a saco derriba.

  5. 5 out of 5

    Javi

    Fantástico todo. O suadoiro é precioso, de boa calidade e queda xenial. O pedido foi de luxo: atención, envío, empaquetado…
    Todo de 10.

  6. 5 out of 5

    Sergio

    Moi bo producto e facilidades para o troco de talla. O debuxo impreso con moita calidade.

  7. 5 out of 5

    Maruxa

    Encantóume! O apalpador de este año foi xenial! Ata a calidade do algodón!!

  8. 5 out of 5

    Maruxa

    Xenial! Orgullosa Galega do meu agasallo do apalpador! Grazas, Orgullo

  9. 5 out of 5

    monica soto gerpe

    Moi bonita e boa calidade.

  10. 5 out of 5

    Edu

    Fermosísima e de moi boa calidade. Entrega cando estaba prevista. Obrigado!!

  11. 5 out of 5

    Iván (propietario verificado)

    Moi bo suadoiro e boa calidade de impresión

  12. 5 out of 5

    Alberto

    Moi boa calidade, o acabado dos debuxos é moi bo e o seu deseño é moi bonito. Boa relación calidade-precio. Foi para un agasallo e quedou encantada

Engadir unha valoración

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego