Pola graza de Deus. A relixiosidade Popular en Galicia
20,00€
Na presente obra o antropólogo Rafael Quintía fai un percorrido por algúns dos aspectos máis salientables de cantos configuran a relixiosidade popular galega. O culto aos santos ou ás reliquias, as romarías, o feito da peregrinación, a importancia dos santuarios, a función dos exvotos, as festas rituais do ciclo do ano, as crenzas sobre a morte e o Alén ou os cultos asociados ás pedras, ás augas, ás árbores e aos astros son algúns dos múltiples aspectos nos que se afonda neste traballo onde se achega unha rigorosa ollada sobre un dos elementos fundamentais da nosa cultura, do noso patrimonio inmaterial e, en definitiva, da cosmovisión do pobo galego.
Ficha técnica:
- Título: Pola graza de Deus. A relixiosidade popular en Galicia corpus mitolóxico galego
- Autor: Rafael Quintía
- Editorial: Ab Origine Edicións
- Impresión: Cor
- Tamaño: 23×16
- 292 páxinas
- Ano: 2022
- I.S.B.N.: 978-84-125410-0-7
Hai existencias
Envío a domicilio
Os produtos de Orgullo Galego envíanse á Unión Europea. Se non hai métodos de envío dispoñibles, escríbenos, por favor.
Envío rápido
Realizamos envíos todas as semanas. Leva número de seguemento (tracking) e deberías recibilo en 48-72h desde o envío.
Pago seguro
Paga coa túa tarxeta de crédito ou débito a través da nosa pasarela de pago seguro. Os teus datos están protexidos.



Reseñas
Aínda non hai valoracións.