Plantas medicinais e remedios curativos da etnobotánica galega

25,00

O antropólogo  Rafael Quintía  e a profesora  Pilar Silva  combinan nesta obra os seus coñecementos etnográficos e fitoterapéuticos para ofrecernos un completo manual práctico de medicina herbolaria galega no que se dan a man a tradición e os coñecementos en fitoterapia máis recentes.

O presente libro afonda nos saberes etnobotánicos galegos e revisa e actualiza os coñecementos e usos tradicionais das plantas medicinais para crear un manual dos seus usos terapéuticos. “ Plantas medicinais e remedios curativos ” aborda de forma rigorosa todos os pasos para crear a túa propia botica herbal na casa. Unha auténtica guía para a identificación das plantas curativas, a súa recolección, secado e procesado, así como un completo receitario de remedios herbais clasificados por doenzas e un amplo catálogo de plantas medicinais de propiedades e usos terapéuticos cientificamente contrastados.

En definitiva, unha obra imprescindible para as persoas que queiran iniciarse no coñecemento e uso serio e eficaz das herbas medicinais en Galicia. Unha forma de reconectar cos saberes ancestrais na procura da saúde e do benestar a través dos dons da natureza.

Ficha técnica:

  • Título: Plantas medicinais e remedios curativos da etnobotánica galega
  • Autor: Pilar Silva e Rafael Quintía
  • Editorial: Ab Origine Edicións
  • Impresión: Cor
    Tamaño: 23×16
  • 276 páxinas
  • Ano: 2025
  • I.S.B.N.: 978-84-129111-3-8

Hai existencias

Envío a domicilio

Os produtos de Orgullo Galego envíanse á Unión Europea. Se non hai métodos de envío dispoñibles, escríbenos, por favor.

Envío rápido

Realizamos envíos todas as semanas. Leva número de seguemento (tracking) e deberías recibilo en 48-72h desde o envío.

Pago seguro

Paga coa túa tarxeta de crédito ou débito a través da nosa pasarela de pago seguro. Os teus datos están protexidos.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Plantas medicinais e remedios curativos da etnobotánica galega”

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego