O Desencantamento. Unha historia de valor e decisión
21,00€
Brais é un rapaz coma calquera outro rapaz dunha aldea galega. As fins de semana adoita ir co gando a un lugar chamado «Outeiro das Mouras» . Era un lugar estraño, con penedos cheos de debuxos gravados…Quen serían esas mouras que lle daban nome ao lugar?
A poética narrativa de Rafael Quintía xunto as fermosas ilustracións de Miguel Peralta , fan deste un libro único, unha marabilla para os sentidos de nenos, nenas, vellos e vellas que queiran gozar da reconexión coa tradición oral e a mitoloxía galega.
Dende a fermosura narrativa da tradición oral, a colección «Os contos da Moura» busca xerar un novo espazo para a posta en valor da nosa mitoloxía, dos contos e lendas repartidos por todo o territorio galego.
“O desencantamento” é ademais unha co- edición realizada entre Ab Origine SLL e Miudiño S.Coop Galega , colaborando exclusivamente con empresas da economía social de Galicia, mostrando que a través da cooperación podemos conseguir resultados orixinais e de alto valor engadido. Desta volta, acompañados por Cestola na Cachola , Catro Ventos e Gráficas Anduriña .
Ficha técnica:
- Título: O Desencantamento. Unha historia de valor e decisión
- Autor: Rafael Quintía
- Ilustracións: Miguel Peralta, Cestola na Cachola S.Coop.Galega
- Idea e coordinación editorial: Judit Santos
- Editorial: Ab Origine Edicións + Miudiño S.Coop.Galega
- Idioma: Galego
- Impresión: color
- Tamaño: 22×22,5
- Prezo: 21 €
- 32 páxinas
- Ano: 2022
- I.S.B.N. 978-84-944758-5-6
Hai existencias
Envío a domicilio
Os produtos de Orgullo Galego envíanse á Unión Europea. Se non hai métodos de envío dispoñibles, escríbenos, por favor.
Envío rápido
Realizamos envíos todas as semanas. Leva número de seguemento (tracking) e deberías recibilo en 48-72h desde o envío.
Pago seguro
Paga coa túa tarxeta de crédito ou débito a través da nosa pasarela de pago seguro. Os teus datos están protexidos.



Reseñas
Aínda non hai valoracións.