O animalario do Entroido. Mito e tradición

20,00

Neste traballo de investigación etnográfica o autor achega a presenza das representacións animais no folclore do entroido nas catro provincias galegas. Un estudo descritivo no que se catalogan e se dá conta da estática das mesmas, da súa simboloxía, das referencias históricas e mitolóxicas que as preceden e tamén dalgunhas lendas que estes animais levan asociadas.

A festa do Entroido é unha gran manifestación identitaria que conta cun especial arraigo entre a comunidade, na que se desenrolan ritos transmitidos de xeración en xeración. Algúns dos protagonistas son os animais aquí debullados que, convertidos en máscaras oficiadas polos actores da festa, alcanzan unha gran relevancia no ciclo. Noutros casos son as propias bestas as que irrompen na escena entre a veneración dos asistentes. Todos eles son estudados polo miúdo como elementos individuais e tamén como membros dos colectivos dos que forman parte.

Vacas, touros, galos, formigas, carneiros, cervos, osos, mulas, cabalos e outros moitos, quizais sexan vistos doutro xeito polo lector, despois de ler este libro.

Ficha técnica:

  • Título: O animalario do Entroido. Mito e tradición
  • Autor: Carlos X. Ares Pérez
  • Editorial: Ab Origine Edicións
  • Idioma: Galego
  • Impresión: branco e negro
  • Tamaño: 21×15
  • Prezo: 20 €
  • 170 páxinas
  • Ano: 2024
  • I.S.B.N.: 978-84-125410-5-2

Hai existencias

Envío a domicilio

Os produtos de Orgullo Galego envíanse á Unión Europea. Se non hai métodos de envío dispoñibles, escríbenos, por favor.

Envío rápido

Realizamos envíos todas as semanas. Leva número de seguemento (tracking) e deberías recibilo en 48-72h desde o envío.

Pago seguro

Paga coa túa tarxeta de crédito ou débito a través da nosa pasarela de pago seguro. Os teus datos están protexidos.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O animalario do Entroido. Mito e tradición”

Todo o que nunca che contaron sobre a noite máxica de San Xoán