Heichas Contar
20,00€
Esta obra é un compendio de 175 lendas recollidas polo antropólogo Rafael Quintía ao longo de quince anos de traballo de campo por Galicia. Unha escolma de material mitolóxico que servirá para engrosar aínda máis o valioso fardel da nosa literatura oral.
A obra pretende dar voz e renderlle unha homenaxe a todos aqueles homes e a todas aquelas mulleres que tiveron a ben compartir co autor os seus saberes, as súas historias e o seu patrimonio oral ao longo destes anos de investigación ao redor do patrimonio inmaterial galego.
Ficha técnica
- Título: Heichas contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego
- Autor: Rafael Quintía
- Editorial: Ab Origine Edicións
- Idioma: Galego
- Impresión: Cor
- Tamaño: 23×16
- 394 páxinas
- Ano: 2019
- I.S.B.N.: 978-84-947844-7-7
Hai existencias
Envío a domicilio
Os produtos de Orgullo Galego envíanse á Unión Europea. Se non hai métodos de envío dispoñibles, escríbenos. De balde a partir de 80€.
Envío rápido
Realizamos envíos todos os luns e xoves. Leva número de seguemento (tracking) e deberías recibilo en 48-72h desde que se envía.
Pago seguro
Paga coa túa tarxeta de crédito ou débito a través da nosa pasarela de pago seguro. Os teus datos están protexidos.
Dereito a desestimento
Tes dereito a desestimento14 días desde a data de pagamento. Recorda que o pagamento realízase no momento do pedido.



Isabel Luna Fernandez –
Paréceme moi interesante
ANGEL GONZÁLEZ –
Excelente