Boneco Trubincos: O Trasno do Nadal galego

24,95

Eles son Severino e Sefita dous trubincos que se dedican a remexar en todo canto hai. Nesta época da invernía hai seres extraordinarios percorrendo as noites. Conta a tradición, recollida na parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo, que na Noiteboa, unha caste de trasnos chamados Trubincos escorregan pola cheminea, entran no fogar e enredan remexendo as cousas da casa, causando ruídos misteriosos e facendo falcatruadas.

Di a crenza que o único xeito de escorrentalos é botarlles no lume unhas piñas cargadiñas de resina ou brea. Texto do antropólogo Rafael Quintía Pereira

Os bonecos van dentro dunha caixa cos textos que explican a historia destes trasnos. 29cm de alto. Deseñado por Leandro Lamas. 100% poliéster. Feito a man.

En colaboración con Tembra Quinteiro Doce. Empresa de Taragoña (Rianxo) que traballa na distribución de alimentos e outros produtos polo comercio local galego.

 

Envío a domicilio

Os produtos de Orgullo Galego envíanse á Unión Europea. Se non hai métodos de envío dispoñibles, escríbenos, por favor.

Envío rápido

Realizamos envíos todas as semanas. Leva número de seguemento (tracking) e deberías recibilo en 48-72h desde o envío.

Pago seguro

Paga coa túa tarxeta de crédito ou débito a través da nosa pasarela de pago seguro. Os teus datos están protexidos.

17 valoracións en Boneco Trubincos: O Trasno do Nadal galego

  1. 5 out of 5

    Eva Mariño

    Xa os temos na casa, fermosísimos, envío rapidísimo e atención de 10. Son tan xeitosos!🥰. Moitas grazas!!!

  2. 5 out of 5

    Xose González alonso

    Moi boa.

  3. 5 out of 5

    Ana Belén Martínez Delgado

    Chegou á nosa casa Fefita e non sei como fixo porque ata non temos cheminea. Está claro que é a maxia dos trasnos. Preciosa!

  4. 5 out of 5

    Adrián Abuín

    Todo xenial! Inmellorable a atención de Borxa, moitas grazas pola axuda! Que gusto dá que exista un proxecto coma o de Orgullo Galego!

  5. 5 out of 5

    José Antonio Dieste Rodríguez

    Todo perfecto e maravilloso. Encantado co voso traballo, dedicación e atención

  6. 5 out of 5

    Oscar Ladra Suárez

    É un boneco precioso é de boa calidade. Vale a pena mercalo. Os meus fillos encantoulles.

  7. 5 out of 5

    Tamara

    Un pedido xenial. Todo o proceso foi excelente. Severino xa ten o seu compañeiro e Sefita está agardando a chegada da súa amiga. Grazas por todo!

  8. 5 out of 5

    Encarna Parga

    Cando os vin gustáronme moito, cando souben que o diseñador era Leandro Lamas, máis, por iso decidin regalarle a Sefita a miña cuñada, xa que ela e meu irmán son fans de Leandro. Chegou moi pronto e estuvo una días baixo a árbore. A eles gustoulles tanto coma min. Gran idea e Bo traballo.

  9. 5 out of 5

    Carolina

    Unha boneca moi bonitiña, a merquei o día 22 de Nadal (pouca previsión, sí,) e ó día seguinte xa chegara. Unha pasada, grazas!

  10. 5 out of 5

    Carolina

    Unha boneca moi bonitiña, a merquei o día 22 de Nadal (pouca previsión, sí,) e ó día seguinte xa chegara. Unha pasada, grazas!!

  11. 5 out of 5

    Xosé Antonio Pena

    O produto é moi bo, a nosa Vitoria quedou pasmada cando o veu. E foi entregado moi axiña, malia as datas feiradas. Parabéns!. Nos tamén sentimos Orgullo Galego!!!

  12. 5 out of 5

    Carme

    Sefita e Severino chegaron e encheron. Fartáronse de remexer todo na casa e non pararon de enredar e facer falcatrúas. Xunto co bonequiño do Apalpador forman un equipo perfecto.
    Grazas a Orgullo galego por mandarmos tan rápido e polo labor que desenvolvedes a prol da nosa tradición e costumes.

  13. 5 out of 5

    Ana Santiago Lòpez

    Ola, ola. A nosa Sefita chegou á casa ben axiña, moitas grazas polo rápido do envío. O noso Anxo quedou pampo con ela, e aínda que este ano é moi pequecho, o vindeiro Nadal seguro que vai desfrutar mooito coas trasnadas de Sefita e o resto da familia. Moitas grazas e parabéns por apoiar a nosa cultura e tradicións, si sodes un orgullo.

  14. 5 out of 5

    Nuria

    Son chulísimos e traen unha historia ben interesante.
    Vounos poñer sempre no Nadal.
    Chegaron ben e a tempo. Moi boa atención.

  15. 5 out of 5

    Mónica

    Moi boa calidade e servizo moi áxil. Grazas

  16. 5 out of 5

    ESTEBAN PEREIRA GUERRA

    O ano pasado compre o apalpador e finquei tan contento que este ano Collin o nubinco. 100 % recomendable 👌

  17. 5 out of 5

    Merchy Rozas

    Sefita chegou feita un raio a facerlle compañía ao Apalpador. Visto o visto, non creo que Severino tarde moito en vir… 😉

Engadir unha valoración

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego