A etnomedicina galega. Achegas dende a Antropoloxía
25,00€
A medicina popular galega foi obxecto de estudo dende o século XVIII. Diferentes autores achegáronse a ela con diversos enfoques, algúns deles cargados de fondos prexuízos. Nesta ocasión, o antropólogo Rafael Quintía fai un estudo pormenorizado dos aspectos máis salientables de cantos configuran a nosa etnomedicina, achegando unha ollada antropolóxica a estas prácticas e saberes tradicionais e á relación que mantén coa biomedicina ou medicina moderna actual.
A presente obra é froito de anos de traballo de campo e de estudo bibliográfico sobre un aspecto tan fundamental da nosa cultura e da nosa existencia humana como é a salvagarda da saúde. A clasificación das enfermidades e das doenzas, os síndromes especificamente culturais, os especialistas da medicina popular, os diferentes recursos curativos, o poder da palabra ou o papel da maxia e da relixión neste sistema tradicional de saúde son algúns dos múltiples temas que se abordan nesta monografía.
Ficha Técnica
- Título: A etnomedicina galega. Achegas dende a Antropoloxía
- Autor: Rafael Quintía
- Editorial: Ab Origine Edicións
- Impresión: Cor
- Tamaño: 23×16
- 320 páxinas
- Ano: 2023
- I.S.B.N.: 978-84-125410-3-8
Hai existencias
Envío a domicilio
Os produtos de Orgullo Galego envíanse á Unión Europea. Se non hai métodos de envío dispoñibles, escríbenos, por favor.
Envío rápido
Realizamos envíos todas as semanas. Leva número de seguemento (tracking) e deberías recibilo en 48-72h desde o envío.
Pago seguro
Paga coa túa tarxeta de crédito ou débito a través da nosa pasarela de pago seguro. Os teus datos están protexidos.



Reseñas
Aínda non hai valoracións.