Medir pene

Afirma un experto: “Os galegos non dan a talla”. Incribles declaracións!

A equipa de investigación de Orgullo Galego quere presentar os resultados dun estudo que vén realizando no último mes en múltiples localizacións do noso país e do que quere dar conta hoxe en exclusiva, días antes do lanzamento oficial do blog.

Unha investigación interesante de carallo, para a que empregamos os máis modernos métodos de análise e medición. Unha auténtica revolución do xornalismo máis viril que porá sobre a mesa uns resultados que tantos homes (e mulleres) buscan (en segredo, porque nunca o admiten) en internet cunha man no teclado e outra na cinta métrica.

As veces non fai falla que midan o valor concreto, válelles o relativo. Así pois as miradas fugaces nas duchas das piscinas ou nos baños de calquera discoteca son o pan noso de cada día.

Un dos nosos administradores meteu na mochila unha regra milimetrada e un microscopio e decidiu ir comprobar a veracidade do que a conta de twitter @non_sabes afirmaba a finais de setembro, e que corroborou un seguidor da nosa conta de Facebook que afirmaba ser experto en carallos.Non damos a talla“, sentenciou.

Cada can que lamba o seu carallo

A dificultade deste estudo estatístico foi maior da que pode parecer a simple vista. Multitude de variables e imprevistos.

Quen nos ía abrir a porta da casa para realizar tal estudo? E de facelo, sería posible medir? E de medir, cal que sería a cifra acaída, en “stan bay” ou en estado de emoción? Aínda que non dubidamos de que sería este último estado de ánimo visto o gran atractivo do noso valente investigador.

Cousas tivo que ver o pobre que mellor non relatar. Máis de 100 pirolas mediu, miñaxoia. Nin desfrutar podía. Unha detrás de outra. A semana pasada, rematando xa o estudo, case queda sen ollo.

O importante disto son os resultados, que nada temos que envexar aos asiáticos neste tema.

De feito estamos aí, competimos man a man cos coreanos. Máis ou menos como no tema da tecnoloxía…

Agás Lugo, porque en Lugo dan DE COMER con todas as consumicións, e así lles vai de ben. A ver se aprendemos no resto do país 😉

En conclusión

Meus. Hai alimentos que poden axudar a levar mellor esta nova que vos vimos de dar.

Hai que comer máis COCIDO.

Incorporar á dieta semanal un cocido fará que estar contento sexa ´mais sinxelo, o que incidirá de xeito notable no aumento e mellora da circulación sanguínea axudando a chegar de verdade de Coruña a Vigo.

Sabemos que non vos ides converter no meme que buliu a lume de carozo por WhatsApp hai uns anos, pero polo menos estaredes máis cheos e seredes máis felices.

E, en resumo. O importante non é canto mira senon canto COCIDO comamos. E se as poñemos unha detrás de outra chegaremos a Lisboa!

PD. Recordade que no fondo o importante é coñecer que técnicas NON DEBES SEGUIR para ligar cun galego

Experto de Orgullo Galego deixando que os galegos midan por si mesmos

Publicidade

Publicidade

Publicidade

Deixa un comentario

Más artículos sobre Curiosidades

Nomes para cans e gatos en Galiza

A presenza de cans e gatos nos fogares é unha realidade que xa ven de atrás, e aínda que en tempos antigos estaban presentes en case todas as casas, o seu papel e importancia mudou co paso das décadas. En pouco tempo pasaron de ser

12 ditos e refráns sobre animais

A continuación deixamos unha serie de ditos e refráns sobre animais, esta é unha pequena escolla e por suposto estamos abertos a que deixedes as vosas propostas nos comentarios.

10 palabras galegas que igual non coñecías

O certo é que a nosa lingua ten moitísimas palabras propias dalgunhas zonas e outras adaptadas doutros idiomas. Nestes meses fomos recollendo as vosas aportacións e elaboramos unha nova lista. Coñeces estas 10? Bótalle unha ollada!

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego