Peaxe da autoestrada AP9

Impactante roubo. A AP-9 volve subir as peaxes a costa do teu peto!

Non queríamos ter publicado algo así, de feito hoxe iamos dar a coñecer e poñer en valor un dos bichiños máis especiais da nosa terra (publicarémolo o xoves, non vos preocupedes), pero a actualidade manda e desta volta non queremos calar ante tanta ignominia.

Hoxe pola mañá soubemos a través de varios medios de comunicación que o vindeiro día 31 de decembro de 2019 as peaxes da AP-9 subirán de prezo de novo. Subirán máis que calquera outra peaxe no conxunto do estado.

E será así por terceiro ano consecutivo.

Ningunha outra autoestrada, vía, camiño, vieiro ou carreiro está sendo sometido a tal política de prezos. Ningunha. Aboslutamente ningunha.

Isto só nolo fan a nós, ás galegas e galegos, que nos deben ver caras de parvos.

Peaxe da autoestrada AP9
Peaxe da AP-9

Que é a AP-9?

Quizais aínda quede alguén en Galiza que non saiba o que é a AP9, polo que non está de máis repasar este tipo de conceptos básicos.

A AP-9 (ou Autopista del Atlántico) é unha autoestrada situada no oeste galego e que comunica Ferrol con Tui pasando por localidades como A Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo entre moitas outras.

A autoestrada comezouse a construír a finais dos anos 70, rematou a principios da década dos 2000 e é xestionada por unha empresa chamada AUDASA a través dunha polémica concesión, ampliada polo goberno español até o ano 2048.

Si si, liches ben, 2048!

A AP-9 é unha das máis caras de Europa

Sen contar a subida que AUDASA imporá a finais do 2019, xa conta co penoso premio de estar nos postos de cabeza das peaxes máis caras de España e de Europa.

A última subida, hai xusto un ano, foi máis do dobre do que elevaron os seus prezos a gran maioría de autoestradas do estado, facendo que o percorrido de punta a punta sexa dificilmente asumible para moitas familias.

En que consiste a nova subida?

Esta nova alza no prezo chega ao 2,64% do prezo actual, un 1,8% máis que o do resto das autoestradas estatais, segundo informa o xornalista Carlos Punzón.

Falando en prata, se fas a viaxe de Ferrol a Tui en coche pagarás 55 céntimos máis que este ano, é dicir un total de 22,10€. Algo que aínda é peor para camións ou autobuses, que verán incrementado o prezo 1,25€ até un total de 36,35€.

Estas cifras son as que explican que a concesionaria AUDASA reporte millóns e millóns de euros en beneficios, superando os 3.000 millóns de euros de ingresos desde o comezo da concesión.

Calcúlase que actualmente cada día ingresa de media uns 400.000€

Aí é nada.

A estafa da AP9 é real

Coñecer este tipo de novas fai que nos ferva o sangue.

Non só polos beneficios mil millonarios dunha empresa propiedade dun entramado accionarial liderado por grupos de investimento anglosaxóns, senón porque eses beneficios en nada son bos para a nosa terra e saen directamente do teu peto, do meu peto, do peto de todas e todos os galegos.

Unha auténtica estafa, un auténtico espolio da nosa riqueza, perfectamente planificado e executado grazas aos politicuchos de turno que nos gobernan na Xunta e no Estado.

De verdade os galegos temos que aturar isto? Que necesidade hai de continuar cunha concesión a unha empresa cando a autoestrada está máis que rendabilizada?

É máis, que necesidade hai de que existan esas peaxes, nunha infraestrutura fundamental no noso país?

Queremos escoitar a túa opinión, non te cortes e opina xusto abaixo do que pensas desta subida.

Publicidade

Publicidade

Publicidade

13 comentarios en “Impactante roubo. A AP-9 volve subir as peaxes a costa do teu peto!”

    • Pois si, ou aínda que fose algún tipo de protesta como por exemplo pasar sen pagar. Mais claro, iso debe facelo moita xente non vaia a ser que se o fai só unha persoa aínda por enriba leve unha multa 🙁

      Responder
  1. Eu vou a Santiago cada 6 meses e sempre que vou me indigna enormemente esas peaxes!!! Xa lle dixen o meu pai que ian subir o prezo das peaxes. Eu prefiro ir en tren a Santiago, ata é máis barato que circular pola ap-9!!! Unha vergoña!!!!

    Responder
    • De feito se vas de A Coruña a Compostela, por exemplo, sae máis barato pillar ida e volta no tren (alén de que vas máis rápido) que ir e volver pola AP9 + gasolina. É intolerable!

      Responder
  2. O mellor de todo é que non hai alternativa. As estradas son lentas e ainda por riba son zona de caza dos Guardias Civís de Tráfico.

    Ademáis, a ampliacion da concesion ata 2048 se fixo de modo oculto, sen publicidade e cun goberno en funcións. Vergoñento.

    E sendo 100% en territorio galego, as competencias son de Madrid. Feijoo metendo o rabo entre as pernas en vez de defender que as competencias sexan da nosa terra. Da igual o color politico.

    Basta xa de ultraxes.

    Responder

Deixa un comentario

Más artículos sobre Actualidade

Día das Letras Galegas: as cantareiras e o cancioneiro popular galego

Nota: os materiais fotográficos e sonoros (referenciados ao pé) incluídos nestes traballos publícanse por cortesía do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego) no que se albergan os fondos Schubarth-Santamarina e da Agrupación Folclórica Aturuxo ao

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego