Como lle explicar á xente que unha enerxía limpa pode destruír un territorio

Publicidade

En exclusiva

A estrada que leva a Rodeiro desde Lalín discorre suave sobre o Val de Camba, que a primeira vista ofrece un espléndido pano ondulado de prados cortados por bosques ao redor de aldeas pequenas onde se imaxina xente feliz nesta utopía rural.

Axiña as granxas empezan a aparecer a ambos lados da vía. Vense máis granxas do que casas. Rodeiro converteuse nos últimos anos nun dos polos da gandería industrial do país. A paisaxe sófreo. Non son só as granxas. Os muíños na Serra do Faro xorden ao leste.

Abaixo queda a vila, desordenada, ocupada nun día a día do campo e das granxas que non deixa levantar a vista, e deitada sobre un fondo de fíos e pas cravadas sobre as costas dun monte inmenso como un dragón abatido. (No Larouco pasa o mesmo, e queren que pase tamén nos montes sagrados do Macizo).

O polígono industrial eólico, P.E. Chantada, na Serra do Faro, ten 35 aeroxeradores que debuxan unha liña no horizonte de sete quilómetros entre a Ermida e o monte Vilafrío. O P.E. Penas Grandes, ao sur, e o P.E. Monte Cabezas, ao norte, estenden a liña a doce quilómetros. Os tres parques erguéronse en 2005, cando segundo a  Asociación Eólica de Galicia (a patronal do sector) comezaron as actividades 18 novas explotacións cunha potencia total de 445 MW, o máximo nun ano até o día de hoxe.

Parque eólico na Costa da Morte

A continuación as cifras que non che contan do negocio eólico, experiencias actuais e as incipientes loitas veciñais que se están a organizar.

Este contido é só para subscritoras/es

 

Subscríbete, accede a todos os contidos exclusivos e forma parte da comunidade! Se xa te subscribiches, entra co teu usuario.

Publicidade

Publicidade

Pode que che interese:

Quen é Francisco Fernández del Riego? Día das Letras Galegas 2023

Francisco Fernández del Riego naceu en Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro do ano 1913 e faleceu en Vigo o 26 de novembro do ano 2010. Escritor, editor, crítico literario e militante do galeguismo, foi un activo loitador pola lingua e cultura galega até o seu falecemento.

Santa Clara: un tesouro de 750 anos

Até hai ben pouco o centro de Pontevedra contaba con 12.575,21 metros cadrados que estiveron pechados durante 750 anos á cidadanía. Este espazo do que falamos é o Convento de Santa Clara, recuperado a finais do ano 2021 polo Concello de Pontevedra por 3,2 millóns de euros. Esta operación foi unha das maiores en materia de recuperación de patrimonio das últimas décadas en Galiza.

Publicidade

Publicidade

Deixa un comentario

Ti fas que a rede en galego viva!

Ti podes contribuir a que este tipo de contidos e proxectos non desaparezan!

A túa axuda mantén esta páxina, a actualizar as redes sociais, as canles audiovisuais e a crear contido de calidade. Ademais, podes acceder a contido exclusivo para orgullosas e orgullosos do noso!