O panorama da emigración: sempre o mesmo, sempre os mesmos (e non é de hoxe)

Publicidade

En exclusiva

Investigadores sociais demandan unha abordaxe máis ampla do fenómeno migratorio diante dunha nova vaga que pon en evidencia que as condicións estruturais que expulsan xente do país apenas mudaron nos últimos dous séculos. 

A continuación deixamos unha ampla reportaxe onde tratamos o fenómeno migratorio galego, de antes e de agora. Non é, por desgraza, un feito aillado ou puntual. É algo estrutural que lastra ao noso pobo desde hai séculos./

Emigrantes subindo a bordo do vapor Juan de Garay porto de Vigo (1957). Foto: Consello da Cultura Galega

Un millón non retornaron

Entre mediados do século XIX e 1975, ano da morte de Franco, saíron da Galiza cara á emigración e non volveron algo máis dun millón de persoas. En relación á poboación actual, serían ao redor dun 26% dos habitantes. “Os que partían, en cada momento, eran xente moza en idade de se reproducir e de axudar a xeración de riqueza. Deixaban de facer achegas demográficas cara ao futuro, entre outras cousas, porque non tiñan os seus fillos aquí. A medio prazo a emigración contribuíu a que Galiza non medrase en número de habitantes como tiña que ter medrado”, explica Isidro Dubert, catedrático de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela.

Na actualidade o país está a vivir a quinta vaga de emigración.

Este contido é só para subscritoras/es

 

Subscríbete, accede a todos os contidos exclusivos e forma parte da comunidade! Se xa te subscribiches, entra co teu usuario.

Publicidade

Publicidade

Pode que che interese:

Quen é Francisco Fernández del Riego? Día das Letras Galegas 2023

Francisco Fernández del Riego naceu en Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro do ano 1913 e faleceu en Vigo o 26 de novembro do ano 2010. Escritor, editor, crítico literario e militante do galeguismo, foi un activo loitador pola lingua e cultura galega até o seu falecemento.

Santa Clara: un tesouro de 750 anos

Até hai ben pouco o centro de Pontevedra contaba con 12.575,21 metros cadrados que estiveron pechados durante 750 anos á cidadanía. Este espazo do que falamos é o Convento de Santa Clara, recuperado a finais do ano 2021 polo Concello de Pontevedra por 3,2 millóns de euros. Esta operación foi unha das maiores en materia de recuperación de patrimonio das últimas décadas en Galiza.

Publicidade

Publicidade

Deixa un comentario

Ti fas que a rede en galego viva!

Ti podes contribuir a que este tipo de contidos e proxectos non desaparezan!

A túa axuda mantén esta páxina, a actualizar as redes sociais, as canles audiovisuais e a crear contido de calidade. Ademais, podes acceder a contido exclusivo para orgullosas e orgullosos do noso!