O que deberías saber do 25 de novembro

Tal día coma hoxe, 25 de novembro, queremos facernos eco das mensaxes que os movementos feministas lanza ao mundo como un berro unánime contra todo tipo de violencias contra as mulleres.

Existe, cada vez máis, un consenso xeral na necesidade de combater as violencias, de identificalas, de aillalas e desde logo de denuncialas.

Pero non abonda.

Porque a violencia de xénero, a violencia que se exerce contra as mulleres polo feito de selo, vai moito máis alá dos golpes. Vai máis alá das palizas ou dos moratóns.

Mesmo vai alén das humillacións, dos insultos e as vexacións.

Maniquíes extremadamente delgados

Unha caracterización profunda

Desde a infancia as mulleres están expostas a moitas violencias que son moito menos visibles ou están moito máis normalizadas.

Esas violencias cotiás nas que non reparamos demasiado.

As máis ocultas, as que fican na esfera do privado, as que se dan nas relacións interpersoais ou de parella.

As que se dan nos patróns de beleza e nun ideal estético irreal, que leva a rexeitar o propio corpo.

As que cuestionan o uso da súa sexualidade con liberdade.

As que implican o control horario e das relacións sociais. O aillamento.

E, por suposto, as que se dan en moitos centros de traballo onde hoxe se colocan hipócritamente cartaces rexeitando a violencia pero onde onte despediron a unha muller por quedar embarazada ou cuxos salarios son inferiores aos dos seus compañeiros varóns.

Revisar as conversas de WhatsApp tamén é violencia

O noso gran de area

Desde o nacemento da páxina son moitas a iniciativas coas que temos colaborado espallando a súa mensaxe e recordando a necesidade de facermos, entre todas, unha sociedade mellor.

E tal día coma o de hoxe, reiterando a erradicación definitiva da violencia machista.

E ti, pensas que a erradicación da violencia contra as mulleres está hoxe máis perto do que onte?

Aberto está o debate.

Publicidade

Publicidade

Publicidade

2 comentarios en “O que deberías saber do 25 de novembro”

  1. Estiven a ler o escrito e ten moita razón. Son seguidor desde sempre de ORgullo Galego e agardo selo tamén da vosa web. Un saúdo.

    Responder

Deixa un comentario

Más artículos sobre Actualidade

Día das Letras Galegas: as cantareiras e o cancioneiro popular galego

Nota: os materiais fotográficos e sonoros (referenciados ao pé) incluídos nestes traballos publícanse por cortesía do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego) no que se albergan os fondos Schubarth-Santamarina e da Agrupación Folclórica Aturuxo ao

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego