Como Podes colaborar
Levamos máis de 3 anos funcionando coa vontade e o tempo dos administradores. Agora hai que facer fronte a máis gastos que suman centos/€ ao ano. Podes axudar de moitos xeitos…
Subscríbete á newsletter
Entérate de todas as novidades e dos mellores contidos sen necesidade de que cho diga Facebook ou Instagram. Non depender deles fainos máis fortes e libres.
Todas as semanas enviamos un boletín por correo electrónico ás persoas que estean subscritas. É de balde e poderás acceder antes que outros aos artigos máis comentados.
Faite de Orgullo Galego
Forma parte de Orgullo Galego a partir de 3€ ao mes, accede a agasallos exclusivos e mantén a comunidade en galego máis grande de internet.
O dominio, o hosting, os redactores de artigos, a creación de contidos e todo o tempo investido precisan unha retribución digna e para iso é imprescindible a túa colaboración.
EDITAMOS: A partir do 1 de febreiro de 2020 🙂
Publicita a túa idea
Tes algo interesante que mostrar ao mundo e queres facelo nun foro tan grande como este? Cun banner publicitario ou con dalgún outro xeito? Contacta connosco e estudaremos a mellor opción.
Toda a publicidade, de habela, estará perfectamente identificada e non se confundirá co contido xerado por Orgullo Galego.
Pensamos tamén que todas as publicacións deben estar guiadas pola ética, algo que nos leva acompañando desde que nacimos.
EDITAMOS: A partir do 1 de febreiro de 2020 🙂
Partilla o noso contido
Se non podes facer ningunha das opcións anteriores, ou aínda que as fagas queres axudar un pouquiño máis, podes:
- Compartir o noso contido cos teus coñecidos.
- Espallar por redes e WhatsApp os artigos.
- Escribirnos a través do formulario ou directamente a info@orgullogalego.gal as túas impresións, ideas de mellora ou críticas.
- Comentar nos artigos.
Agardamos pasar bos momentos xuntos.
Unha aperta 🙂