A cegoña branca. A visita dunha ave maxestuosa

Queremos compartir convosco unhas imaxes dunha ave maxestosa, que visita ano tras ano a nosa terra tras unha migración de miles de quilómetros.

Ou así foi desde sempre. Agora as cousas cambiaron e moitas delas xa non baixan a África pasar o outono e o inverno, senón que prefiren ficar no sur da Península Ibérica.

Sexa como for, comezan a verse a principios de febreiro, a partir do San Blas segundo di a tradición. E adoitan ser sempre as mesmas, pois moitas das parellas permanecen xuntas durante moito tempo e volven sempre ao mesmo niño.

Cegoña branca voando

Trátase da cegoña branca

Trátase da cegoña branca, unha ave grande de máis de 1 metro de alto e de até 1,80m de á a á.

E non só o seu tamaño é motivo de impacto. O niño da cegoña, feito a partir de pequenos paus, mide até 2 metros e pesa entre 200kg e 400kg. Adoitan estar situados en construcións humanas como chemineas, depósitos de auga, igrexas, torretas electricas, etc.

Non o vas crer, pero se chegáronse a rexistrar niños de máis de 1 tonelada!

Estas imaxes tirámolas en Soldecasa, Escuadro (Concello de Silleda) e representan unha estampa cada vez máis habitual do rural galego.

Tes cegoñas preto da túa casa? Que experiencia tes con elas?

Deixa o teu comentario!

Publicidade

Publicidade

Publicidade

2 comentarios en “A cegoña branca. A visita dunha ave maxestuosa”

Deixa un comentario

Más artículos sobre Natureza e terra

O Colar de zonchos: Significado dunha tradición de Defuntos

Para comprender o significado do colar de zonchos – ou colar de castañas – debemos achegarnos á maneira en que as sociedades antigas entendían o mundo. Naquel tempo, a natureza era un piar fundamental da organización social da vida. O alimento, o clima, os ciclos

16 lugares imprescindibles para visitar no Courel

A Serra do Courel é un dos lugares máis importantes do noso país xa non só a nivel ambiental senón tamén etnográfico, lingüístico e patrimonial. Nesta zona comezaron os traballos de recuperación dunha das figuras mitolóxicas do nadal galego, o Apalpador, mais tamén destaca pola

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego