Allariz vístese de nadal neste 2021

Allariz é un referente na provincia de Ourense e no conxunto de Galiza tanto pola recuperación do conxunto da vila (e en especial do casco histórico) así como da posta en valor da súa historia. cultura, economía e tradicións. No artigo que publicamos a comezos deste ano podedes consultar unha guía con todo o que debes coñecer na túa visita por esta fermosa vila.

Nos últimos anos está a destacar pola súa decoración de nadal. Isto podería ser grazas a unha inversión millonaria en alumeado e decoración mais non, é todo o contrario, o Concello, xunto cos seus traballadores e traballadoras apostaron por unha decoración con materiais reciclados e que se distinguise do que estamos acostumadas a ver nas grandes vilas. 

O resultado é unha vila que gaña aínda máis beleza nestas datas e que multiplica as visitas ao converterse nun destino para familias e parellas que queren coñecer outro modelo de decoración de nadal. Aquí podes ver pequenos espazos temáticos con animais, estacións de ski, granxas ou a figura do noso Apalpador entre outras. 

Nas imaxes que deixamos a continuación poderás ver unha pequena galería coa decoración deste nadal de 2021.

Non deixes de visitar Allariz!

Publicidade

Publicidade

Publicidade

1 comentario en “Allariz vístese de nadal neste 2021”

Deixa un comentario

Más artículos sobre Natureza e terra

16 lugares imprescindibles para visitar no Courel

A Serra do Courel é un dos lugares máis importantes do noso país xa non só a nivel ambiental senón tamén etnográfico, lingüístico e patrimonial. Nesta zona comezaron os traballos de recuperación dunha das figuras mitolóxicas do nadal galego, o Apalpador, mais tamén destaca pola

10 fervenzas para visitar polo menos unha vez na vida (parte 2)

Realizar unha lista de fervenzas para visitar require moitísimo tempo xa que en Galiza é raro o lugar que non teña unha ou varias fervenzas ou pozas. Por iso, despois do éxito da primeira parte na que tocamos algunhas das fervenzas máis populares, nesta segunda

7 roteiros para coñecer Galiza (parte 2)

Despois do primeiro artigo sobre 5 roteiros para coñecer Galiza que foi todo un éxito, recibimos numerosas mensaxes pedindo que ampliaramos pouco a pouco esta lista de roteiros. Así, decidimos sumar outros sete que temos feito e polo tanto temos coñecemento sobre os mesmos.

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego

Descarga as infografías virais sobre animais, árbores e froitas en galego